Amosando publicacións coa etiqueta CC.Sociais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CC.Sociais. Amosar todas as publicacións

4 de outubro de 2016

Os fusos horarios


As zonas horarias ou fusos horarios son cada unha das vinte e catro áreas en que se divide a  Terra e que seguen a mesma definición de tempo.
Neste enlace podes entender mellor do que falamos . Podes observar como, se imos cara o leste a hora vai medrando, porén se nos desprazamos cara o oeste as horas vanse retrasando
Aquí tes un planisferio no que aparece a hora actual nos diferentes puntos do mundo  

E para que non perdas o avión, ou saibas a que hora é prudente chamar a outra persoa dun país afastado do noso, aquí tes un mapa que che dirá con exactitude a hora que é en calquera lugar do mundo.
Por último, aquí verás onde xa é noite e onde comeza ser día


30 de setembro de 2016

Coordenadas xeográficas (repasa)

Aquí tes un planisferio onde podes practicar os teus coñecementos sobre as coordenadas xeográficas.

As coordenadas xeográficas

Imos ver se xa sabemos manexar as coordenadas xeográficas para localizar diferentes lugares do planeta Terra.
En 1º lugar debes lembrar algúns conceptos:
Paralelos: Liñas paralelas ao Ecuador ( lembra que por ser paralelas nunca se tocarán)
Meridianos: Liñas que percorren de norte a sur o planeta e que pasan polos polos.
Tendo en conta o anterior recorda que:
A latitude é a distancia dun punto ao Ecuador. Pode ser Norte  - se está por riba  do Ecuador-- ou  Sur --se o punto está por baixo do Ecuador--
A lonxitude é a distancia dun punto ao meridiano de Greenwich. Pode ser Oeste --se está á esquerda do meridiano de Greenwich--  ou Leste --se está á dereita--




Agora preme aquí e fai esta actividade -- podedes facela en conxunto--
Para realizala debes arrastrar as coordenadas á cidade correspondente.

Os meridianos

Os meridianos son semicírculos (perpendiculares ao Ecuador) que pasan polos polos.
O máis importante é o meridiano de Greenwich

Permítennos saber a lonxitude de calquera punto da Terra.

29 de setembro de 2016

20 de abril de 2015

As pirámides de Guiza

Estas son as tres pirámides onde se enterraron estes tres faraóns: Keops, Kefrén e Micerinos.
Tes que resolver os seguintes enigmas:
1.- Que relación existía entre eles ( se é que a había)? (explícao con claridade)
2.- A que dinastía pertenceron ?
3.- Canto medían (metros de altura ) cada unha delas?
4.- Cal dos tres faraóns foi o último en reinar?
5.- E o primeiro?
6.- Cantos anos hai que deixou de reinar Kefren? ( Pensa que estamos no ano 2015 d. C.) 
7.- Cal das tres pirámides é coñecida como a Gran Pirámide de Guiza?

AS ACTIVIDADES FARANSE NO PROCESADOR DE TEXTOS.
DESPOIS GARDA O ARQUIVO CO NOME piramides_nome

1 de febreiro de 2014

Historia ( I )

Empezamos un novo bloque de coñecementos. A partir de agora e ata xuño traballaremos temas da Historia. Como introdución tedes aquí esta presentación.

21 de abril de 2013

A serpe na cultura popular (II)

No noso concello, a lenda por excelencia é a da Cova da Serpe, que ten diferentes versións e que imos ler en "Friol: Algo máis que pan e queixo" . Tamén observaredes que no mesmo blog recóllense outras historias relacionadas coa serpe.
Feita estas lecturas e a anterior deste blog estamos xa en disposición de continuar o traballo establecendo os grupos --parellas-- para dispornos a traballar.

As actividades que debedes desenvolver son as seguintes

1ª) Debedes localizar na rede a páxina de “Galicia encantada”. 
2ª) Unha vez dentro dela buscar unha lenda relacionada cunha serpe (Ollo na parte superior á dereita tes un buscador da propia páxina) 
3ª) Copiala, pegala e , de ser o caso, corrixir a súa ortografía.
4º) Escribir o nome do lugar, parroquia, concello e provincia de onde fala a lenda 
5ª) Localizar un mapa de Galicia que sitúe o concello do que fala a lenda (copialo e pegalo) 
6º) Empregando o Google Maps indicar
a) Os quilómetros que hai dende Friol ata ese lugar
b) O tempo que tardarías en chegar
c) Os lugares máis importantes polos que terías que pasar
7º) Aquí tedes dúas opcións: (escollede a que vos acaia mellor) 
a) Crear unha noticia a partir da citada lenda. (Teredes que inventala vós) Na noticia debe aparecer un título, o que sucedeu, cando, como sucedeu, onde… e aqueles detalles que consideredes de importancia. 
Localizade unha fotografía do lugar para acompañar a noticia.
b) Despois de ter lida a lenda, podedes continuala vós. É dicir: inventar un final seguindo a historia que conta a lenda. Para isto debedes inventar un final ao xeito, que vaia ligado coa historia que conta. 
Localizar unha fotografía do lugar para acompañar ao final recreado. 
8º) Copiar e pegar novamente o texto corrixido da lenda e remarcar de amarelo os posesivos que haxa, de verde os artigos e de azul os demostrativos. 
9º) Todo isto haino que facer no procesador de textos e gardar o arquivo co nome de serpe_1
10º) No arquivo, debes escribir o nome e apelidos dos membros do equipo. 
11º) Feito todo isto debedes mandalo por correo electrónico ao profesor. En asunto poñede: Serpe

A serpe na cultura popular ( I )

Estes días imos desenvolver un traballo nas áreas de Lingua Galega e Ciencias Sociais relacionado coa presenza da serpe na nosa cultura popular.
Os resultados desta actividade quedarán expostos,ao final da mesma, na Biblioteca Escolar.
Trátase de coñecer un pouco da presenza plurisecular da serpe tanto nos relatos como nas lendas, medos e mitos na nosa cultura.
Para empezarmos imos ler e comentar na aula este fragmento adaptado de Mónica Suárez Groba sobre a serpe na obra "Galicia 2001. Etnografía espiritual" editada pola Xunta de Galicia.

Hai quen cre que os "saefes" -serpes- virían a ser os antecedentes remotos do pobo galego. Algún historiador identifícaos co pobo celta, que chegou a ocupar estas terras ás que chamarían Ophiusa (nome que procede do grego "saefes").
Estes saefes serían, segundo esa tradición, os que expulsaron aos oestrimios.
En toda Galicia rendeuse culto á serpe, que foi o símbolo da terra. Numerosos restos arqueolóxicos e obxectos da época castrexa confirman a presenza da serpe na nosa cultura.
Moitos monumentos cristiáns foron levantados sobre pedras cunha serpe gravada. Quizais para simbolizar que o pecado —serpe— era vencido pola fe cristiá. 
Segundo a Xénese, a serpe foi quen introduciu o pecado no mundo. 
A serpe está unida ao folclore galego pois as mouras aparécense en forma de serpe que representan o espírito dos mortos.
Críase que as serpes non morrían de morte natural, senón que voaban, de vellas, ao río Xordán e despois ao mar. Neste voo podían botar a sombra ás persoas e eran especialmente perigosas para os nenos. 
As moi grandes facían ruído cando se movían. Outras marchaban de pé asubiando e tombando o pan. 
Críase que a mordedura de serpe era moi velenosa e para curala había que lle aplicar o cu dun pito ou chegar antes á fonte máis próxima, a onde aquela adoitaba ir despois de morder. 
Hai que desconfiar das serpes, a pesar de que purifican a natureza cando comen sapos ou insectos; tamén atraen os paxaros co alento e os matan. 
Con carne de serpe facíanse remedios para a tose e outros problemas respiratorios. 
Ao ver unha serpe había que matala, porque cando voaban ao Xordán dicían: 
“Maldito o que me viu e non me matou”. 
Para matar unha serpe había que facela sangrar. O lume ou a música defendían tamén da serpe. 
A serpe vive dúas fases ben diferentes no seu ciclo anual:
Está escondida de outubro a abril, preto dos pozos e das fontes; está inmóbil, come terra e non é perigosa. A partir de maio déixase ver, aliméntase de animais e non ofrece perigo. 
A serpe pasa do espacio húmido —primeira metade do ciclo— ó seco —segunda metade—, do espacio salvaxe ou non habitado ó espacio habitado. 
Vive nas minas e na superficie, no alto da montaña e no val. 
A serpe é a manifestación do dobre aspecto da natureza, é a continuidade da mesma natureza.