21 de abril de 2013

A serpe na cultura popular (II)

No noso concello, a lenda por excelencia é a da Cova da Serpe, que ten diferentes versións e que imos ler en "Friol: Algo máis que pan e queixo" . Tamén observaredes que no mesmo blog recóllense outras historias relacionadas coa serpe.
Feita estas lecturas e a anterior deste blog estamos xa en disposición de continuar o traballo establecendo os grupos --parellas-- para dispornos a traballar.

As actividades que debedes desenvolver son as seguintes

1ª) Debedes localizar na rede a páxina de “Galicia encantada”. 
2ª) Unha vez dentro dela buscar unha lenda relacionada cunha serpe (Ollo na parte superior á dereita tes un buscador da propia páxina) 
3ª) Copiala, pegala e , de ser o caso, corrixir a súa ortografía.
4º) Escribir o nome do lugar, parroquia, concello e provincia de onde fala a lenda 
5ª) Localizar un mapa de Galicia que sitúe o concello do que fala a lenda (copialo e pegalo) 
6º) Empregando o Google Maps indicar
a) Os quilómetros que hai dende Friol ata ese lugar
b) O tempo que tardarías en chegar
c) Os lugares máis importantes polos que terías que pasar
7º) Aquí tedes dúas opcións: (escollede a que vos acaia mellor) 
a) Crear unha noticia a partir da citada lenda. (Teredes que inventala vós) Na noticia debe aparecer un título, o que sucedeu, cando, como sucedeu, onde… e aqueles detalles que consideredes de importancia. 
Localizade unha fotografía do lugar para acompañar a noticia.
b) Despois de ter lida a lenda, podedes continuala vós. É dicir: inventar un final seguindo a historia que conta a lenda. Para isto debedes inventar un final ao xeito, que vaia ligado coa historia que conta. 
Localizar unha fotografía do lugar para acompañar ao final recreado. 
8º) Copiar e pegar novamente o texto corrixido da lenda e remarcar de amarelo os posesivos que haxa, de verde os artigos e de azul os demostrativos. 
9º) Todo isto haino que facer no procesador de textos e gardar o arquivo co nome de serpe_1
10º) No arquivo, debes escribir o nome e apelidos dos membros do equipo. 
11º) Feito todo isto debedes mandalo por correo electrónico ao profesor. En asunto poñede: Serpe