12 de maio de 2013

Letras Galegas 2013

Este 17 de maio como todos os anos a partir de 1963, celebramos en Galicia o Día das Letras Galegas, no que se homenaxea a un autor da nosa lingua. Este ano tócalle a Roberto Vidal Bolaño. Neste enlace tes información sobre a celebración do Día das Letras Galegas.
A presentación feita polo ENL do IES Félix Muriel de Rianxo, é un bo traballo para coñecermos a vida e obra do autor elixido este ano: Roberto Vidal Bolaño