22 de outubro de 2015

O medo






"Non é máis valente quen non ten medo, senón quen sabe conquistalo" 
Nelson Mandela

Seguramente sabemos o que é o medo pola propia experiencia de cadaquén. O medo pode ser a algo coñecido ou descoñecido ( as arañas, as serpes, os ratos, bicherío pequeno e grande, aves, alturas, lugares pechados ou abertos,...).
O medo é unha emoción, un estado mental que nos pode chegar a paralizar completamente.
O medo ( aínda que pareza o contrario ) é unha emoción positiva no sentido que constitúe un mecanismo de supervivencia que lle vai permitir á persoa responder diante de situacións adversas con rapidez e eficacia.
Sentir medo é natural.
A cuestión é como reaccionar diante del. Non podemos permitir que a nosa vida estea condicionada por ese temor ou que as nosas decisións estean sometidas a el. 
Temos que ser decididos e enfrontarnos a el  coa absoluta seguridade de vencelo.
Para o mesmo o alumnado de 1º elaborou un conxuro que esperamos xere os efectos desexados.
Feliz Samaín