23 de outubro de 2015

Medo: non che temos medo



Teño medo á escuridade dunha noite sen luar. 
A quedar medio atrapada nunha arañeira infernal. 
Témoslle medo aos lagartos ás serpes, sapos e pintas. 
Hai quen non soporta os ratos, eu non sei por que será. 
Algún tenlle medo á avoa vai saber cal é a razón 
Témoslle medo ás alturas ás avespas, aos avións 
aos bichiños pequerrechos aos tsunamis e escorpións. 
O meu medo é ás arañas… 
Medos temos máis de mil. 
Pero ao medo meus amigos cara haille que plantar, 
con forza e con valentía contra o medo hai que loitar. 
Medo: non che teño medo, 
a min medo non me dás, 
aínda que ti me persigas 
a min non me collerás. 
Vaite medo! Medo vaite!. 
Vaite medo ! Vaite xa! 
Non molestes cos teus medos, os nosos chégannos xa. 
Toda a clase de primeiro 
disposta está pra loitar 
e escorrentar os mil medos, 
os mil medos e mil máis. 
Adeus medo vaite axiña 
e non regreses xamais.