19 de marzo de 2014

Os tipos de solo

Cando saes ao campo terás observado que hai zonas nas que abunda un tipo de vexetación , mentres que noutras as plantas e as árbores son diferentes ou, en ocasións, medran só algunhas matogueiras. Iso é debido, entre outras causas, ao tipo de solos que hai no noso país. 
Un tipo de solo é o arxiloso. Chámanse así porque predomina a arxila. Estes solos necesitan auga abundante para que neles medren as plantas. 
Outra clase son os solos areosos nos que predomina a area. Xeralmente son pobres en vexetación. O piñeiro manso medra en solos areosos xa que necesita pouca auga para desenvolverse. 
Un terceiro tipo de solos é o chamado “solo salino”. Nos solos salinos abunda moito unha clase de sales, como é, por exemplo, o sal común. O feito de que abunden os sales fai que estes solos non sexan bos para a vexetación. 
Así pois, podemos distinguir varios tipos de solos segundo os materiais que predominan na súa composición.