19 de marzo de 2014

Unha nova lectura

O planeta Terra forma parte do chamado sistema solar por ser o Sol a estrela que lle aporta a enerxía luminosa necesaria para as actividades dos seres vivos, tanto animais coma vexetais, que a habitan. Son tres os elementos básicos que constitúen a Terra. 
En primeiro lugar debemos citar a atmosfera, capa gasosa do planeta que a súa vez está dividida noutras subcapas. O osíxeno e o hidróxeno son os seus compoñentes principais. Esta capa envolve o planeta e o protexe das radiacións solares. 
O segundo elemento é a hidrosfera , capa líquida da Terra. A auga nas diferentes presentacións sólida (glaciares, casquetes polares, icebergs ) ou líquida, ríos ou lagos ( auga doce) ou mares e océanos ( auga salgada) ocupa case que as tres cuartas partes do planeta. 
O terceiro elemento é a litosfera , a parte sólida e que é ao que chamamos terra propiamente dita. Os continentes e o leito mariño forman a parte superficial desta capa que no seu interior alcanza tales temperaturas que chega a estar en estado incandescente.