19 de marzo de 2014

Os medios de comunicación

Cando ocorre algo moi importante, como pode ser un suceso político ou deportivo que interesa a gran cantidade de persoas dáse a coñecer polos medios de comunicación. 
A prensa é un dos medios de comunicación. É o máis antigo de todos; fórmana os xornais e as revistas. Estes transmiten a información a través da linguaxe escrita. A prensa publícase diaria, semanal ou mensualmente. 
Outro medio de comunicación é a radio, que transmite a información a través da palabra falada. Hai distintas emisoras de radio como a Cadea Ser, a Cope , Onda Cero ou a Radio Galega, nas que podemos escoitar programas informativos, musicais,...
Un terceiro medio de comunicación importante é a televisión. Emprega a palabra falada e a imaxe, o que permite escoitar unha información ao mesmo tempo que podemos ver as imaxes representativas das cousas que ocorreron. Este é o medio que máis se utiliza de todos os citados. 
Hoxe en día, irrompeu con moita forza outro medio de comunicación que está cambiando o noso modo de vida, falamos da Internet. Este novo medio de comunicación emprega, ao igual cá televisión, a palabra falada e a imaxe, pero tamén emprega a palabra escrita. A vantaxe deste medio é que se pode ter información case ao momento de ocorrer unha noticia.