20 de abril de 2015

Conta a lenda que o rei da cidade Alba Longa, chamado Numitor, foi destronado polo seu irmán Amulio.
Este desterrouno e fixo matar todos os fillos de Numitor, agás Rea Silvia, pero como Amulio non desexaba que esta tivese descendencia, converteuna nunha vestal. Pero o deus Marte cativado pola beleza da moza, deulle dous fillos xemelgos: Rómulo e Remo.
Cando Amulio o soubo, quixo matalaos e, para evitalo, deixáronos nunha cesta no río Tíber. A cesta encontrouna unha loba( Luperca) que os amamantou durante un tempo ata que un pastor ( Fáustulo) e a súa muller (Aca Laretia) os recolleron e criaron.
Cando se fixeron maiores, Rómulo e Remo decidiron volver á súa cidade natal e vengar os crimes que cometera Amulio. Matárono e devolvéronlle o trono a Numitor.
En agradecemento, este deulles aos xemelgos unhas terras. Rómulo e o seu irmán regresaron ao pé do río Tíber onde foran abandonados e decidiron fundar alí unha cidade.
Corría o ano 753 a.C. e os irmáns non se poñían de acordo no lugar para crear a cidade. Rómulo decidiu facelo no monte Palatino, sinalou cun arado os límites do que sería a súa cidade, xurando ao mesmo tempo, que mataría a todo aquel que ousase traspasar eses límites sen a súa autorización. Remo burlándose do seu irmán cruzou os límites e Rómulo cumprindo a súa palabra matouno alí mesmo.