12 de marzo de 2014

Outra lectura

Os astros luminosos son aqueles que teñen luz propia, coma por exemplo o Sol. Polo contrario, os astros non luminosos son aqueles que non teñen luz propia como a Terra, Marte ou a Lúa. As estrelas son astros luminosos que podemos ver no ceo durante as noites claras. Os planetas, satélites e cometas son astros non luminosos que tamén brillan no ceo porque reflicten a luz dalgunha estrela. Así , a Lúa, que é un satélite, brilla porque reflicte a luz do Sol. 
Mentres que as estrelas están moi afastadas unhas das outras, os planetas e satélites atópanse máis achegados. Por exemplo, a distancia entre a Terra e o planeta Marte é moito menor que a que hai entre o Sol e a estrela máis próxima. 
Outra diferenza entre os astros luminosos e os non luminosos é o seu tamaño. Os astros luminosos son, polo xeral, máis grandes cós astros non luminosos. O Sol, por exemplo, é moito máis grande que os planetas e satélites achegados a el.


Feito o anterior, fai o esquema da lectura.