A alimentación dos animais non é a mesma para todos. Hai animais que se alimentan de plantas, como a vaca, aos que chamamos herbívoros e animais que se alimentan de carne, como o gato, aos que chamamos carnívoros.
Os animais carnívoros adoitan ser moi fortes e agresivos para poder cazar ás súas presas, polo contrario, os herbívoros son máis pacíficos e están máis preparados para defenderse que para atacar. Así, os gatos cazan ratos mentres as vacas pastan tranquilamente polo campo.
Outra característica que diferencia a estes dous tipos de animais é a súa dentadura porque, xeralmente, os carnívoros teñen grandes cairos para esgazar a carne e teñen tamén uns incisivos moi aguzados. Pola contra, os herbívoros teñen os incisivos preparados para rilar
as plantas e teñen moas con cristas e puntas para mastigar.