Como xa sabedes eses días o Grupo de Teatro vai representar a obra "A serpe da cova" e polo tanto o titor non vai poder estar con vós.
Iso non significa que collamos as vacacións anticipadas --quen puidera!-- polo que teredes que traballar e facer as fichas que xa vos teño preparadas e que tedes na vosa carpeta.
Empezade facendo as actividades da lectura "Un amigo".
Cando as rematedes -- e non antes-- pasaredes a facer as actividades de vocabulario tituladas "A pleno pulmón"
Para que non teñades problema aí arriba queda a imaxe coa que tedes que traballar.É a mesma (pero en cor) que a que tedes na ficha.
