13 de marzo de 2013

Semana da Prensa

Estes últimos días dedicamos algunhas das sesións de titoría, galego ou sociais para realizar unha chea de actividades relacionadas coa celebración da Semana de Prensa no noso colexio.
As actividades propostas foron deseñadas polo grupo da Biblioteca e nelas mesturábanse actividades explicativas, de procura ede creatividade.
Onte pola mañá, o noso grupo desenvolveu a última na que tivemos que localizar unha noticia de calquera outro grupo do colexio e completar unha serie de cuestións propostas previamente e que condensabana todo o traballado con anterioridade. Fixémola na propia biblioteca que estaba adornada coas novas creadas polos diferentes equipos dos diferentes cursos que participaron.
Parabéns para todos os que fixestes un bo traballo e para os que o deseñaron.

Na imaxe podemos ver a  un dos grupos realizando a actividade ao pé do cartelón que lle correspondeu.
Seguro que coñecedes a alguén.