Falamos da paz como ausencia de guerra,
e que a paz é o camiño cara un mundo mellor.
Mais a paz é respecto, é axuda sincera,
é traballo en conxunto, é colaboración …
Se cres que un insulto fai máis dano ca unha puñada,
se entendes que o respecto é a arma do futuro,
se escoitas e perdoas,
se cres que a amizade é fonte de riqueza,
se compartes cos demais as túas alegrías
e as túas tristezas,
se fala un compañeiro e lle prestas atención,
se diante dun mal xesto regalas boa cara…
Estaremos dicindo en silencio e ben alto:
Non queremos violencia, preferimos o amor.
E coas mans ben unidas, sexan brancas ou negras,
seguro que entre todos e todas
conseguiremos facer un mundo mellor