15 de marzo de 2016

Catro irmáns

Duarte, Xerardo, Antía e Daniela son catro irmáns. Cada un naceu nunha provincia galega diferente, teñen unha profesión distinta e na actualidade viven en tres concellos distintos da provincia de Lugo.


Tendo en conta os seguintes datos:
  • A avogada naceu na Coruña 
  • Daniela é empresaria 
  • O que naceu en Ourense é médico 
  • O mestre vive no mesmo concello que a empresaria 
  • Xerardo vive en Ribadeo ( Lugo) 
  • O que vive en Friol ( Lugo) é mestre 
  • A empresaria naceu en Lugo 
  • O primeiro dos irmáns citados naceu en Pontevedra 
  • Antía vive en Guitiriz (Lugo) 
  • O que cura enfermidades vive en Ribadeo (Lugo) 
  • O que vive no mesmo concello que a empresaria chámase Duarte 
  • Na Coruña naceu Antía