1 de febreiro de 2016

Texto elaborado polo alumnado de 1º para a celebración do Día da paz



Falamos da paz como ausencia de guerra, 
e que a paz é o camiño cara un mundo mellor. 
Mais a paz é respecto, é axuda sincera, 
é traballo en conxunto, é colaboración … 
Se cres que un insulto fai máis dano ca unha puñada, 
se entendes que o respecto é a arma do futuro, 
se escoitas e perdoas, 
se cres que a amizade é fonte de riqueza, 
se compartes cos demais as túas alegrías e as túas tristezas, 
se fala un compañeiro e lle prestas atención, 
se diante dun mal xesto regalas boa cara… 
Estaremos dicindo en silencio e ben alto: 
Non queremos violencia, preferimos o amor. 
E coas mans ben unidas, sexan brancas ou negras, 
seguro que entre todos e todas 
conseguiremos facer un mundo mellor