10 de decembro de 2013

Cinco curmáns

Roberto, Antía, Ana, Xurxo e Pepa son cinco curmáns que naceron en cinco parroquias diferentes do concello de Friol. 
Na actualidade viven en cinco concellos distintos, teñen cada un o seu traballo e practican tamén deportes diferentes.


Cos datos que achegamos tenta completar o  cadro que tes abaixo

1º.- O que naceu en Seixón practica o fútbol 
2º.- Antía vive en Guitiriz e non naceu en Roimil 
3º.- A escritora non practica atletismo
4º.- Pepa é mestra
5º.- O que practica o fútbol non vive en Guntín
6º.- O que vive en Melide é camioneiro e non é Roberto
7º.- Ningunha das curmás vive en Palas ni xoga a baloncesto 
8º.- Xurxo non xoga ao fútbol
9º.- En Narla naceu a que xoga ao béisbol 
10º.- Quen xoga ao balonmán naceu en Nodar e non é Ana
11º.- Ana non é a actriz
12º.- O que non xoga ao fútbol naceu en Condes 
13º.- A mestra non practica o béisbol e vive en Sobrado 
14º.- Roberto é astronauta