7 de xaneiro de 2013

O segredo do lagarto arnal

Para iniciar esta avaliación achégovos esta novela de Andrea Maceiras publicada por Baía edicións. Trátase da historia dun rapaz que está a piques de iniciar os seus estudos de ESO e volve pasar as vacacións á aldea do seu pai. Alí volverá tomar contacto cos seus amigos Catuxa e Alex, e entre os tres van tratar de resolver a misteriosa desaparición, hai catro anos, do curmán de David -- o protagonista --.
Unha verdadeira sorpresa espéranos ao final e vénnos demostrar a necesidade de sermos quen de respectar as decisións e xeito de vida das persoas que nos arrodean.
En definitiva, aventura asegurada que ao final dá pé para facer unha reflexión sobre actitudes e prexuízos que a maior parte das veces producen malestar e desacougo en quen as padece.
Lectura interesante que che fai vivir a historia coa présa de saber o que vai pasar logo. Moi interesante!