9 de decembro de 2012

Inauguración da biblioteca

O pasado 27 de novembro o alumnado de 1º de ESO, fomos convidados polo equipo da Biblioteca Escolar, a participar nas actividades que co gallo da inauguración da remodelación do espazo, organizaron co bo criterio e mellor resultado.
Despois dunha recarga de enerxía --viñamos esgotados dun duro recreo-- tivemos que completar unha serie de pistas para dar coa información que nun principio foi proposta para os oito grupos nos que fomos repartidos.
Co xogo, aprendemos a situar os libros segundo a súa temática que como puidemos comprobar , na nosa, está apoiada en diferentes cores.
Agradecer o convite esperando se repita a actividade é o único que queda por dicir.
Na fotografía vemos a un grupo de compañeiros na procura de información para resolver o enigma.