Do mesmo autor da colección dos Megatoxos ( preme aquí para entrar no seu blog) , esta novela de Anxo Fariña, acadou o Premio Merlín de Literatura infantil do ano 2011.
Uns científicos crean un ser humano artificial: A-Cero. A partir do descubrimento duns vellos pergamiños que atoparon cando andaban na procura da Atlántida, desenvolvendo técnicas de bioenxeñería crearon este clon humano.
A-Cero foxe dos seus captores e vai dar á cas de Eva, unha rapaza- real- da súa idade que vive co seu tío. Aos poucos irase desenvolvendo unha historia chea de intriga, fuxidas e encontros inesperados que os levan a todos –perseguidos e perseguidores- ás illas Cíes.
Ciencia ficción a ritmo trepidante, doada de ler e procuradora dun bo momento de lecer.
Aconsellamos a súa lectura a aqueles amantes deste tipo de novelas e mesmo aos que nos gustan da ciencia ficción pois tamén deixa oco para o romántico amor imposible entre A-Cero mais a Eva.